Unha sociedade estancada, inmovilista, sen obxectivos ; este é o mundo que nos toca vivir.
A nivel mundial están a suceder acontecementos que marcarán a nosa historia: a primavera árabe, o 15M, o tsunami de Xapón, a crise económica mundial… un caldo de cultivo que determinará as nosas vidas e as dos nosos herdeiros. E toda esta efervescencia, en lugar de unirnos para construir un mundo mellor que o que temos, lévanos a estar “tirados” no “chaise longue” co mando a distancia da tele nunha man e o móbil na outra.
Non hai dúbida: as novas xeracións somos individualistas. Vivimos por e para nós mesmos e a sociedade non vacila en promover o noso egocentrismo. De feito aprendemos isto dende pequenos, na casa e na escola; fomentánnos a aprendizaxe de conceptos e nocións, pero non nos falan da intelixencia emocional, non se transmiten valores nin aprendemos a empatizar coa sociedade. E como consecuencia de todo isto, medramos coa idea de que a competitividade é o valor que nos conduce a un exitoso futuro, deixando no camiño a pracer do traballo en equipo, feito con esforzo e sacrificio, pero baseado na cooperación e que conleva unhas satisfaccións que non se conseguen de xeito individual.
Por estes motivos, as relacións entre a xuventude nos últimos tempos cambiaron notablemente. As redes sociais mudaron o concepto de “amigos”: en lugar de quedar coa xente para facer actividades en grupo, pechámonos nos nosos cuartos para estar conectados case as vinte e catro horas. En definitiva, as relacións son cada vez máis frias e superficiais, o que Catherine Jarvie denomina “relacións de bolsillo”, é dicir, amizades que temos pero que non “usamos” habitualmente, só cando temos un problema ou precisamos a súa axuda as “sacamos do peto”, chamamos a ese amigo que necesitamos e despois olvidámonos del de novo, e se o vemos pola rúa, nin sequera o saudamos. Isto non é máis que outra manifestación desa actitude que estamos adoptando de preocuparnos exclusivamente do noso benestar.
Non o podemos negar, o individualismo é o motor da nosa xeración, o que domina a nosa actitude ante a vida, os nosos obxectivos, as nosas metas, … Mais isto só confirma que somos bos alumnos dunha sociedade que nos conduce maxistralmente a un mundo individual que recrea continuamente o mito narcisista e egocéntrico. Mais o futuro é incerto, por iso pregúntovos: amosarán as novas xeracións unha actitude que continúe o modelo que nós lle legaremos? Ábrense as apostas.
Érika Diz
IES Fene
Estou de acordo sobretodo no relacionado coas redes sociais, eu cando era mais mozo salia todolos dias dende as 4 ata as 8 ou 9 da tarde e agora se baixo algún dia non hai niguén, as redes socias podian ser algo moi util se se utilizaran para reunirse, pero a xente esta tan enganchada que prefire os seus amigos virtuais antes que os de sempre, tes moita razon!
ResponderEliminar